Friday 03 de May de 2024

Fin de semana do máis festivo en Santa Cruz de Montaos


A parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos celebrou durante o sábado e o domingo as súas festas na honra a Santa Cruz e o Santísimo Sacramento respectivamente. Veciños, veciñas e moitos festeiros déronse cita nas inmediacións da igrexa parroquial para escoitar e bailar cos ritmos do grupo de gaitas Os Pelexos, co Dúo Avenida e coa orquestra Bahía Blanca.